A FAMILIA PARDO VEIGA

A familia Veiga representa á burguesía galega que xurdiu a mediados do século XIX e que combinou iniciativas industriais con outras máis tradicionais. Nas décadas seguintes, os Pardo, a través da súa compañía navieira (especializada en transporte de mercancías) e a importación/exportación, acabaron construíndo un imperio e converténdose nunha familia poderosa, admirada e envexada a partes iguais.

Manténdose fieis as súas orixes, os orgullosos Veiga tamén posúen un xornal, co que dalgún xeito compensan as súas ambicións crematísticas e cumpren as inquedanzas literarias do primeiro gran patriarca, Emilio Veiga un insigne galeguista e fundador do xornal.

Agora, a través de César seguen dominando con man de ferro a cidade. A súa adicción ao poder e a súa intención de mantelo, custe o que custe, non mermou coa idade. Pola contra, os seus peores defectos esaxeráronse.

Na vida social da familia, seguen a ser a familia de referencia. Coma se fosen os Onassis galegos, son poderosos, temidos e respetado.

Teñen dous fillos: Emilio e Mónica. O día e a noite. O ben e o mal. O drama de César é que ningún deles resultou ser o que esperaba. A sua gran debilidade é a sua neta Claudia. Recoñece nela o seu propio magnetismo e determinación.

OS CABANA E OS DE ABAIXO

Deixando atrás o pasado, Sara e Cosme chegan a un mundo novo, da man de Marisiña, procurando un lugar no que poder seguir adiante. Ese lugar é a casa dos Pardo Veiga, estraña e luxosa na que vive a familia máis famosa da cidade.

Aparentemente, Sara e Cosme chegan a un sólido universo que ten a súas propias regras e o seu equilibro, pero unha vez dentro non tardarán en comprobar que ese equilibrio é moi fráxil e que os Pardo Veiga son un xigante con pés de barro.

Pola súa parte, Rita e Nino, tan unidos polos seus instintos como separados polos seus intereses, serán a parte máis próxima coa que se atoparán os Cabanas no seu entorno laboral e de quen recibirán as maiores alegrías e terán os maiores enfrontamentos.

E NAS EMPRESAS…

Sofía Salgado, como parte dun plan ben deseñado, pasará a formar parte do Holding Empresarial dos Pardo Veiga. Naide sabe das súas verdadeiras intencións e non estará exenta de polémica.

Daniel, un rapaz que soña con formar unha familia e ser o mellor na súa profesión, aínda que todos os seus soños non poderán facerse realidade, polo menos de momento.

Iria é a man dereita de Emilio e, sen querelo, case a custodia da súa filla Claudia.

Comparte!Share on FacebookPin on PinterestShare on TumblrShare on LinkedInTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someonePrint this page