Ten bela como intelixente, fría e calculadora. Chega de México disposta a conquistar a Emilio. É unha muller poderosa feita a sí mesma que se achega ós Pardo Veiga para cobrar unha débeda que nin eles mesmos sospeitan.
Actriz ourensana que comezara na TVG en 2000, para logo pasar a canles de ámbito estatal participando en series como “Abogados” en Tele 5 no papel de Maica (2001), e “Ana y los siete” de TVE, como Marta (2003). Saiu en telefilmes como “El príncipe enamorado” e “Cala Real”, en series da FORTA como “En buena compañía” e en curtametraxes como “Las tetas más bonitas del mundo”. Tamén traballou en teatro, publicidade e como presentadora na gala do VI Festival de Cine Independente de Ourense. Os seus traballos televisivos máis recentes son ‘Gran reserva’ e ‘Amar es para siempre’.
Comparte!Share on FacebookPin on PinterestShare on TumblrShare on LinkedInTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someonePrint this page