Caprichosa e cruel. Dirixe con man de ferro os negocios do seu pai, pero non ten a grandeza suficiente para continuar coa saga.
Interpretou os papeis de Juana en “Diario dun skin” e de Ánxela na primeira temporada de “Avenida de América”. Con experiencia en teatro e performance desde 1999, foi bolseira de arte dramática e axiña comezou a aparecer en curtametraxes como “Curling” (Andrés Rosende 2003), e como actriz de reparto en teleseries e telefilmes. Ademais de protagonizar as curtas “3 millones” (Raquel García 2004) e “Etcétera” (Pachi Baranda 2007), tamén ten traballado ocasionalmente no mundo da publicidade.
Comparte!Share on FacebookPin on PinterestShare on TumblrShare on LinkedInTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someonePrint this page