A súa estirpe lexitima e da grandeza á familia. Intúe que os negocios do seu marido teñen un lado oscuro, pero prefire mirar cara outro lado. O apelido familia nunca debe ser manchado.
Actriz de enorme experiencia teatral. Iniciouse no teatro nos anos 70, participando aproximadamente en 10 espectáculos antes de 1984, ano no que se funda o Centro Dramático Galego, onde comenza a traballar como profesional incorporándose a un dos primeiros elencos desta compañía institucional. En Galicia é coñecida dende hai máis dunha década como a protagonista da comedia de maior éxito da TVG, “Pratos combinados”, onde interpretou o personaxe de Balbina ata que o recoñecemento a nivel nacional lle chegou ó ser unha das actrices da oscarizada película “Mar Adentro”, dirixida por Alejandro Amenábar e que lle valeu o Premio Goya das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España á Mellor Actriz de Reparto, o Premio Sant Jordi de Cinematografía á Mellor Actriz Española e outra larga lista de recoñecementos e excelentes críticas.

Ademais de como actriz, traballou como presentadora, tradutora, axudante de dirección e dobradora (no cinema, foi a voz de Michelle Pfeiffer en “A idade da inocencia, de Martin Scorsese).

Produxo, xunto ó director de fotografía e realizador de televisión Enrique Banet os documentais: “O salario do silenzo” (sobre a polémica instalación dunha planta de gas de gran capacidade no corazón da Ría de Ferrol) e unha lousa sobre o Courel (sobre a extracción de pizarra nun das paraxes emblemáticas de Galicia).

É licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela e graduada en Arte Dramático pola mesma universidade. Fala galego, español, inglés e francés.

Comparte!Share on FacebookPin on PinterestShare on TumblrShare on LinkedInTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someonePrint this page