É a secretaria de Emilio no xornal. Responsable e de bo carácter. Afeccionada á orde e ás novas tendencias. Cumpre unha función fundamental no do bo funcionamento do xornal e de Claudia, durante as ausencias de Emilio.
Co-presentadora do programa Luar (TVG 1993). En 1995 convértese na cara e a voz do magazine Desde Galicia para el Mundo, da canle internacional de TVE. En 2002 presenta A Tarde É Nosa, programa diario en directo de tres horas de duración (TVG). En 2003 volta á condución de Luar con Xosé Ramón Gayoso. En 2004, incorpórase á serie de ficción Rías Baixas, no papel de Celiam, que interpreta en máis dunha cincuentena de capítulos. Tamén ten experiencia en telefilmes e documentais.
Comparte!Share on FacebookPin on PinterestShare on TumblrShare on LinkedInTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someonePrint this page