Sensible, decidido, xusto e comprometido, trata de sobrelevar os seus valores enfrontados ós da súa familia. Soporta ó seu pai, aínda que nunca se entendeu con el. A súa nai é a súa debilidade e o exemplo a seguir.
Luis Iglesia traballou no teatro con varias compañías, especialmente con Teatro do Aquí en obras como Rastros.

No eido da locución dobra ó galego a Harrison Ford, Robert De Niro, Mel Gibson, Paul Newman, Chuck Norris e Garfield, entre outros. Tamén traballa en publicidade e deu voz ó Dicionario de pronuncia da lingua galega do Instituto da Lingua Galega[3].

No ámbito representativo fixo varias curtametraxes, coma Palíndromo. Participou en varias series, coma Libro de familia, nalgunhas delas en papeis protagonistas, coma Un mundo de historias, Terra de Miranda e a máis importante, e que lle proporcionou fama, Matalobos, onde interpretaba a Carmelo Matalobos[4] En 2010 participou na miniserie española No soy como tú, producida por Antena 3.

Tamén en longametraxes para televisión (Entre bateas, Cota vermella ou Pataghorobí) e para o cine (La promesa ou Heroína).

En 2011 formou parte do reparto da serie Piratas de Telecinco interpretando ao Intendente Gaspar Falcón. Canda el, están no reparto Pilar Rubio, Óscar Jaenada, Silvia Abascal, Luis Zahera e novamente coincide con Xabier Deive e Luisa Merelas, tras Matalobos.

En 2012 estreou outra serie emitida por Telecinco esa temporada, La fuga, protagonizada por María Valverde e Aitor Luna, e que conta no seu reparto coa tamén actriz galega María Vázquez. Tamén no 2012 actúa no filme galego Vilamor, dirixido por Ignacio Vilar e no que interpreta a personaxe de Breixo de adulto.

Comparte!Share on FacebookPin on PinterestShare on TumblrShare on LinkedInTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someonePrint this page