O seu lexendario sentido do humor con retranca adquirirá unha nova dimensión no mundo no que empeza sendo un peixe fóra da auga.
Actor de teatro con máis de tres décadas de experiencia, desde 1978 ten actuado sen interrupción nos escenarios con diversas compañías. Foi un dos actores da partida no inicio do audiovisual galego, facendo cine, televisión e dobraxe desde mediados dos oitenta. Saiu no programa infantil de 1987 ”O campo de atrás”, dirixido por Manuel Pombal para a TVG. En 1988 fixo ”Castelao, sinfonía de un esqueleto”, de Doménech Font en TVE e en ao ano seguinte ”Lembrando a Xelmirez”, de Rafael de la Cueva (Estudio 13, TVG). En 1990 participou no programa ”Máis ozono”, de Chichi Campos na TVG. Actuou en teleseries como ”Quart” (Antena 3, 2006), en longametraxes como ”Tierra del fuego” (M. Littin, 1999), en curtas como ”Tacón” (X.Villaverde, 1982), “Reflexos” (C.Amil, 1982) ou “O coleccionista” (X.Díez, 2006) e en telefilmes.
Comparte!Share on FacebookPin on PinterestShare on TumblrShare on LinkedInTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someonePrint this page