Seguindo a estela da súa predecesora, Pazo de familia logrou onte un gran éxito de audiencia e público na súa estrea nunha noita na que competía co final da serie Isabel, que emite TVE, e cun novo capítulo de La que se avecina, en Telecinco.

Pazo de familia, spin off de Libro de familia, logrou unha cuota de pantalla do 13,8 por cento, o que se reflexou nunha audiencia de 180.000 fieis telespectadores que seguiron as intrigas da potentada familia dos Pardo Veiga, as relacións cos servintes, chegados de Santalla, e outras intrigantes personaxes.

O seguimento da nova producción de José María Besteiro, a gran novidade audiovisual desta tempada en Galicia, estivo cinco puntos por riba da cadea e a curva de audiencia, que comezou no dez por cento, acabaou no 15 por centro, o que da unha idea da cantidade de televidentes que se foron sumando á trama do primeiro capítulo de Pazo de Familia.

Ler a nova completa en El Correo Gallego.

Comparte!Share on FacebookPin on PinterestShare on TumblrShare on LinkedInTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someonePrint this page