Compositor: ROI CASAL
Nacido en 1980, Roi Casal é un músico, compositor e cantante galego de gran virtuosismo na arpa céltica, a zanfona e o bouzouki.

Formado co mestre Rodrigo Romaní e no Conservatorio Superior de Música de Madrid, entrou a formar parte de Milladoiro, a formación máis internacional da música galega, no ano 2000.

Tras casi unha década no grupo, en 2009 comeza a sua carreira en solitario coa publicación de Lendas douradas. Este primeiro traballo, do que destaca o single Ninfa das Frescas Augas, convértese rápidamente no disco máis vendido en Galicia ese mesmo ano.

En 2011 publica Maxicamente vello, no que novamente realiza unha interpretación da música galega dende unha visión contemporánea. Con este disco realiza unha xira de máis de 50 concertos por todo o estado español e recibe numerosos recoñecementos, entre os que destaca o Premio Internacional Cubadisco recibido en La Habana en 2014, o prestixioso galardón concedido na illa caribeña que o ano anterior recibira Paco de Lucía.

En 2014 publica Donos do noso destino, co que emprende unha xira internacional en Suiza, Uruguai, Arxentina e Cuba.

Na actualidade, Roi Casal está considerado unha das principais referencias musicais da música galega. O seu estilo moderno e contemporáneo, combinado cos aportes da terra da que é orixinario, téñeno situado como un dos grandes expoñentes da música do estado español.

bio
Comparte!Share on FacebookPin on PinterestShare on TumblrShare on LinkedInTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someonePrint this page