Deixando atrás o pasado, Sara e Cosme chegan a un mundo novo, estraño e luxoso, buscando un lugar no que cicatrizar a súas feridas e poder seguir adiante. Ese lugar é a mansión do orgulloso matrimonio formado por César Pardo e Leonor Veiga, a familia máis poderosa, admirada e envexada da cidade.

Salvando as distancias, a súa vida social é seguida con tanto interés como a dos Onassis ou incluso, os Grimaldi. Fagan o que fagan, nunca pasan desapercibidos e non é estraño velos aparecer no ‘Hola’. Aparentemente, Sara e Cosme chegan a un sólido universo que ten a súas propias regras e o seu propio equilibrio, pero unha vez dentro, non tardarán en comprobar que ese equilibrio é moi fráxil e que os Pardo Veiga son un xigante cos pés de barro.

Sobre todo cando Emilio, o primoxénito, que nunca se someteu á vontade do seu pai e escolleu o seu propio camiño como comprometido xornalista, non só se namora de Sara, rebelándose contra unha inminente voda de conveniencia que asegura á familia un poder aínda maior; senón que o seguemento dunha noticia cotiá e intranscendente convertirase nunha sorprendente investigación de proporcións inusitadas, e na que finalmente descubrirá, horrorizado, que o seu pai non é o gran home que aparenta ser, senón un monstro sen escrúpulos, capaz de calquera cousa por preserva-lo seu imperio. Capaz, incluso, de asasinar ó seu propio fillo.

Combinando grandes historias de amor con tramas de poder e intriga e con toques de comedia costumista, a serie, a través dos ollos de Sara e Cosme, que tamén serán os do espectador, introducirannos no excitante mundo dos Pardo Veiga, amosándonos as grandezas e as miserias dunha saga familiar destinada a marcar unha época.
 

Comparte!Share on FacebookPin on PinterestShare on TumblrShare on LinkedInTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someonePrint this page